Un estudo do Consello da Cultura chama a atención sobre a contención da perda de falantes

A lingua e a sociedade

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
“Continúan as inercias históricas de perda de falantes, pero esa tendencia estase freando e incluso invertendo” con estas palabras Henrique Monteagudo presentaba esta mañá en Santiago o informe “A Sociedade Galega e o Idioma. A evolución Sociolingüística de Galicia (1992-2003)”. Unha radiografía actualizada e profunda da situación do galego elaborada pola Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega a partires dos datos dunha das enquisas do Instituto Galego de Estatística (IGE). No acto, ao que asistiu o presidente da institución, Alfonso Zulueta, tamén se comentou que as profesións máis castelanizadas son as relacionadas coas forzas armadas e a xustiza.

Máis información e descarga o informe no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Henrique Monteagudo, IGE, Consello da Cultura Galega, Instituto Galego de Estatística...