A Real Academia Galega presenta o proxecto Novas voces para a lingua

Desenvolve unha serie de vídeos nas redes en colaboración coa Facultade de CC da Comunicación da USC

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A Real Academia Galega presenta o proxecto Novas voces para a lingua

Coa intención de conectar a mocidade co idioma, a Real Academia Galega e mais a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela presentaban onte a iniciativa Novas voces para a lingua. O proxecto consiste nunha serie de vídeos de curta duración para as redes que se inician coa serie Conseguiremos. Estas primeiras entregas están protagonizadas "por mozos e mozas que son exemplo da Galicia con máis talento e que empregan o galego en todos os contextos da vida, da creación e do desenvolvemento profesional".

Diálogos entre a futbolista Verónica Boquete e o xornalista e atleta Víctor Pérez Currás, os músicos Alejandro Guillán Baiuca e Laura Lamontagne, o director de cine Andrés Goteira, as actrices da Panadaría Teatro, a psiquiatra e divulgadora Iria Veiga e o xenetista Ángel Carracedo compoñen estas primeiras propostas, que concibiron desde a Facultade de Ciencias da Comunicación Paula Quiroga, Lois Alcayde e Meritxell Álvarez. Segundo adianta a RAG "cada peza audiovisual aborda distintas preocupacións que unen os protagonistas, como o deporte, a ciencia, a creación artística ou a igualdade e o respecto á diversidade, artellando relatos en que a cuestión lingüística se integra con naturalidade".

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Ciencia, USC, Universidade de Santiago de Compostela...