A Deputación de Ourense está a promover unha iniciativa de divulgación do forte romano de Aquis Querquernnis, un recinto militar romano de finais do século I d.C. ubicado en Bande (Ourense). O proxecto, do que xa se pode seguir o seu desenvolvemento polas redes, consiste na elaboración dunha serie de vÃdeos que recrean virtualmente a instalación militar e a vida dos seus habitantes, asà como a relación coas poboacións galaicas do contorno. Os vÃdeos poderanse despois visualizar na web e nunha app, funcionando a xeito de visita guiada ao recinto turÃstico. O proxecto está financiado a través do proxecto Gerês-Xurés Dinámico, co programa Interreg da Unión Europea. Os desenvolvedores irán publicando todo o proceso de desenvolvemento, que inclúe a participación de actores reais e o modelado dixital das estruturas do recinto ao longo do 2019.