O traballo da ONGD EnxeñerÃa Sen Fronteiras, o de AXFOGA no ámbito da intervención socio-comunitaria como é o caso XENEME, ou a participación de David Saavedra, Traballador Social, blogueiro e Community Manager. Estes son algúns dos casos web 2.0 que se presentarán no marco dun foro que organiza a Asociación Adouspuntocero de Profesionais da Social Media de Galicia en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Ciencias da Comunicación. A cita, bautizada como Foro Unirede, será o vindeiro 15 de outubro e abordará, alén dos casos galegos de éxito, un debate sobre as Redes Sociais en xeral.