Desenvolver accións e actividades que contribúan a analizar e promover o patrimonio cultural e natural de Galicia, especialmente no ámbito da sostibilidade. Estes son os obxectivos do convenio de colaboración, dunha duración de 4 anos prorrogables, asinado polas presidentas do Consello da Cultura Galega (CCG) e da Fundación María José Jove (FMJJ), Rosario Álvarez e Felipa Jove, respectivamente. A alianza de ambas entidades facilitará a conexión entre persoas de diferentes disciplinas e ámbitos e fomentará a produción de coñecemento en relación a Galicia, á súa cultura, en xeral, e á arte contemporánea, en particular.
As dúas institucións comprométense a desenvolver cursos, traballos de investigación, publicacións, conferencias e coloquios de divulgación, difusión cultural e patrimonial de Galicia. A primeira iniciativa deste acordo concrétase no ciclo "As institucións do futuro. Repensar as estruturas culturais galegas", cuxa sesión inaugural terá lugar en febreiro co título "Situarnos: o poder dos museos" e contará coa participación de Manuel Borja-Villel, director do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. A actividade desenvolverase en Santiago, na sede do Consello da Cultura Galega.
Rosario Álvarez destacou a relevancia deste acordo que "se enmarca no obxectivo institucional de tecer redes cos diferentes axentes do sistema cultural galego, e que se concreta na dirección, tan urxente coma necesaria, de reflexionar sobre a función da arte na sociedade actual e de procurar unha cultura sostible". Para Felipa Jove "este acuerdo es un paso más en el compromiso de la Fundación María José Jove de apoyo a la creación artística y al posicionamiento de Galicia en el panorama del arte contemporáneo internacional, ayudando al fortalecimiento de su infraestructura cultural".