A Fundación María José Jove, en alianza con Hércules de Ediciones e coa colaboración da Xunta de Galicia ven de crear e convocar o Iº Premio Asubío de Novela FMJJ, Infancia e Xuventude pola Inclusión. O certame, que admite obras en castelán e galego, terá carácter bianual e está dotado con 10.000 euros e a publicación da novela. O prazo para participar está xa arestora aberto desde o 15 de abril ata o día 30 de setembro.
Na condición temática da convocatoria establécese a de obras que teñan como eixo "a infancia o xuventude en risco de exclusión social", especificando unha serie de posibilidades que completan esa perspectiva: infancia e/ou xuventude actual, lembranzas da infancia e/ou de mocidade, novela de aprendizaxe ou memorias literarias, tanto na variante real coma imaxinaria), e abordando contidos como nenos e mozos con discapacidade; que estean inseridos nun sistema de reforma ou con medidas de reeducación; menores estranxeiros non acompañados; nenos en sistema de protección social; que vivan un entorno familiar próximo con alcoholismo ou drogadicción, etc.
O xurado desta primeira edición estará integrado pola escritora Espido Freire; Blanca Ana Roig Rechou; Armando Requeixo; José António Gomes, escritor e profesor universitario; Miguel Conde-Lobato, director creativo, produtor e realizador de cine publicitario; Felipa Jove Santos, presidenta da Fundación María José Jove e Laura Rodríguez Herrera, directora de Hércules de Ediciones. O seu fallo se coñecerá o 15 de decembro e a obra premiada publicarase en castelán e galego na colección de narrativa "Sin fronteras" de Hércules de Ediciones, que doará o 5% do PVP dos libros vendidos á labor social da FMJJ.