Ginés Cruz faise co premio Asubío de Novela

O galardón recoñeceu con 10.000 euros a novela Palabras de Pedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O autor murciano Ginés Cruz alzouse coa primeira edición do Premio Asubío de Novela, que convocan a Fundación María José Jove e Hércules Edicións, co apoio da Xunta de Galicia, para promover valores de inclusión para a infancia e a mocidade. Palabras de Pedra foi a obra seleccionada polo xurado deste galardón de literatura pola inclusión entre as setenta e unha propostas que se presentaron a concurso e suponlle ao seu autor un premio en metálico de 10.000 euros e a publicación do libro en galego e en castelán.

Segundo sinala o xurado, a obra trata o autismo e o autismo hereditario "cunha visión optimista e narra, con minimalismo e sinxeleza, a actitude duns pais ante a discapacidade", ademais de destacar "o uso da linguaxe e da comunicación na sociedade actual en relación ao autismo". Ademais, seleccionouse Muxos, do malpicán Héctor Pose para un accésit. O xurado estivo composto por Laura Espido Freire, Blanca Ana Roig, Armando Requeixo, José Antonio Gomes e Miguel Conde.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Xunta de Galicia, Espido Freire, Armando Requeixo...

Claves

Entidades
Conceptos