A encomenda da Dirección Xeral de Patrimonio á empresa pública Tragsatec, para a "elaboración dos informes técnicos previos ás autorizacións previstas na Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, das intervencións que afecten tanto aos Camiños de Santiago como aos demais bens de interese cultural ou catalogados, ao seu contorno ou a súa zona de amortecemento" non se axusta á legalidade e declárase nula. Esta é a conclusión coa que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimou o recurso contencioso-administrativo que presentou a Confederación Intersindical Galega contra esta práctica.
A sentenza, con data do pasado 14 de xaneiro, condena á administración galega a pagar as costas procesais ata un máximo de 1.500 euros e declara nula e sen efecto a encomenda realizada á empresa con data no DOG de 31 de decembro de 2020, a última antes de que o sindicato presentase a demanda, cun orzamento de 409.933,75 euros. Con posterioridade, a Xunta realizou unha nova encarga á empresa co mesmo obxecto dotada con 701.732,64 euros.
O fallo apunta que a elaboración deste tipo de informes é función exclusiva de persoal funcionario, xa que "ademais dunha dimensión técnica, de mero traballo de campo e recompilación de datos, inclúen valoracións xurÃdicas" como a adecuación á Lei de Patrimonio e outras normativas. Deste xeito, na práctica da Xunta atribúese "a unha entidade externa o esencial desde o punto de vista substantivo dos actos de instrución do expediente", o que supón unha "cesión de elementos substantivos e relevantes do exercicio de competencias administrativas" que vulnera a legalidade.
Na súa argumentación, o tribunal considera que a administración conta con persoal propio para desenvolver estas tarefas, ao dispor dunha listaxe de contratacións de 132 persoas dedicadas á arqueoloxÃa. Ademais, recoñece o argumento do sindicato de que a empresa seleccionada non cumpre co criterio de suficiencia técnica nin de persoal para a tarefa indicada, xa que tivo que contratar a 16 das 17 persoas que se dedicaron á mesma, e que ademais a elaboración de informes deste tipo non figura no obxecto social da firma.
A encomenda destas funcións a Tragsatec está a desenvolver desde 2018 de xeito sistemático pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, con sucesivas encargas cada ano que suman máis de dous millóns de euros. De xeito paralelo, os orzamentos de persoal deste departamento reducÃronse de xeito destacado neste perÃodo, con 1,2 millóns menos só nos orzamentos de 2021.