A policromía volta ao coro de Xunqueira de Espadanedo

Nos traballos descubriuse unha maza de 400 anos no interior do mosteiro

24/1/2022 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
1 lecturas | Compartido 0 veces

Presentación das obras en Santa María de Xunqueira de Espadanedo

A Consellería de Cultura presentaba este 21 de xaneiro o resultado dos traballos de restauración no Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo. Entre os resultados máis evidentes destes labores está a recuperación da policromía orixinal do coro do século XVI. Nas tarefas reforzouse a estrutura desta peza, o que permitiu retirar unha trabe que cubría parte das pinturas orixinais e que estas estean visibles como foron concibidas orixinalmente.
Os traballos contaron coa colaboración do escultor Acisclo Manzano, que realizou varias pezas para o conxunto. Durante os mesmos, atopouse entre as táboas do coro unha maza maza de madeira, un elemento que, segundo apunta a Consellería, "puido ser depositada como firma do carpinteiro hai máis de 400 anos".

Canda a este labor, realizáronse procesos de impermeabilización e limpeza do conxunto, así como de acondicionamento da fachada. As obras concentraron un investimento superior aos 210.000 euros, que a Consellería cofinanciou con fondos FEDER.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares