Aberto o prazo da nova edición de 'Ler conta moito'

As bibliotecas teñen un mes para presentar proxectos

21/1/2022 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literaturapolíticas culturais
1 lecturas | Compartido 0 veces
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha nova convocatoria de axudas para a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas galegas, dentro do programa "Ler conta moito". O monto total da axuda ten a mesma contía que en edicións anteriores, case 200.000 euros, destinados a financiar ata o 75% do custe total da actividade dinamizadora. As bibliotecas públicas para as que se conceda subvención deberán programar un mínimo de dúas actividades das incluídas no catálogo Ler conta moito 2022.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos