Consolidan seis cabanas do castro de Borneiro

As cabanas estaban afectadas pola forte presión de visitantes

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Concello de Cabana de Bergantiños e a Dirección Xeral de Patrimonio executaron os traballos de restauración e consolidación de seis das cabanas do castro de Borneiro, algunhas xa intervidas no ano 1933 por Sebastián González García-Paz. A intervención, levada a cabo por Adro Arqueoloxía, consolidou os muros e eliminou a maleza instalada no interior dalgúns deles. Tamén se recuperou o mirador que permite ver a croa do castro desde o alto da muralla.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía, Dirección Xeral de Patrimonio, Bergantiños, Muros