O castro da Saceda revela a existencia dun poboado fóra das murallas

Manéxase a hipótese de que as murallas estiveran protexendo almacéns de alimentos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O equipo arqueolóxico que traballou no castro da Saceda, en Cualedro (Ourense) revelou que durante a campaña levada a cabo para tarefas de restauración e musealización puideron verificar que o poboado da Idade do Ferro esténdese por fóra das murallas. A localización de dúas cabanas circulares de grande diámetro, superiores en tamaño ás do interior, e o descubrimento dunha lareira de pedra, permite pensar en que se se trata dun ámbito habitacional. Isto, segundo Martiño Vázquez, o arqueólogo director da intervención, obrigará a modificar a zona de protección do castro. Pero ten unha segunda consecuencia, segundo este arqueólogo. O feito de que nas cabanas do interior do recinto fortificado non se atoparan evidencias de hábitat doméstico, e as propias estruturas das cabanas, con sistemas de ventilación, levan a pensar que no interior das murallas se almacenaban alimentos. Hórreos da época. Isto ten importantes consecuencias para comprender a cultura castrexa da zona suroriental de Galicia e abre novas vías de investigación.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un arriba e abaixo castrexo

Un arriba e abaixo castrexo

Os arqueólogos investigan en Castrolandín as razóns da construción de cabanas por fóra das murallas do castro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade do Ferro, Ourense, Arqueoloxía

Claves

Lugares