Onte pola tarde o Museo do Pobo Galego acolleu as deliberacións do xurado que outorgou o X Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía, organizado polo concello de Fornelos de Montes, a Manuel López Rodríguez. O poemario do noiés titúlase Baixo terra e del destacou o xurado a "capacidade do autor para construír unha superposición de dous discursos poéticos que responden a dous planos de conciencia. " descrición sorprendente da brusquidade dunha emoción. O diálogo cun ti, as imaxes en proceso continuo de transformación e o cruzamento entre o subxectivo e o orgánico dotan o poemario de frescura e intensidade". O libro será publicado por Xerais en xullo.
Manuel López Rodríguez gaña o X Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey
Presentáronse máis de trinta orixinais
2 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Entidades

