O Concello da Estrada daba a coñecer este 14 de setembro o fallo da XXV edición do Premio de PoesÃa Avelina Valladares. O noiés Manuel López RodrÃguez fÃxose co galardón co seu traballo Para que non se me esqueza, que o xurado seleccionou entre as 24 obras que se admitiron a concurso. O fallo destacou a "sólida construción do poemario", estruturado en tres partes vencelladas por un mesmo fÃo, asà como "o rico emprego dos recursos poéticos, o bo estilo lÃrico e a estrutura", na que cada poema vai precedido por un diálogo imaxinario con recoñecidos poetas dos dous sexos. Artellado desde o punto de vista dunha muller, a obra toca un amplo abano temático, cun "rico emprego de recursos poéticos".
O galardón conta cun premio en metálico de 2.000 euros e a publicación da obra a cargo de Edicións Fervenza. O xurado estivo composto por RosalÃa Morlán, Sindo Villamayor, Neves Soutelo e Esteban Folgar, con Noni Araújo como secretaria. O premio entregarase entre finais de novembro e comezos de decembro, estando aÃnda pendente de confirmar se coincidirá coa celebración da habitual Festa da PoesÃa.