Rafael Lobelle leva o premio Avelina Valladares de poesía

O seu poemario Zarapelo impúxose entre as 15 obras presentadas

10/9/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Unha obra "cunha rica construción poética desde o idioma asumido" e na que abondan as referencias a outros poetas do país. Así describiu o xurado do XVIII Premio Avelina Valladares de Poesía, que convoca anualmente o Concello da Estrada a obra que se impuxo nesta edición. Rafael Lobelle, cun poemario que presentou baixo o lema Zarapelo, resultou gañador entre os 15 aspirantes e fíxose cos 2.000 euros do premio. Lobelle, que xa se fixera recentemente co premio Díaz Jácome, verá editado o seu traballo da man do Concello.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Concello da Estrada

Claves

Conceptos