Silvia Penas obtén o XIX Premio de Poesía Avelina Valladares

O seu traballo impúxose entre as 32 obras que se presentaron ao certame

18/9/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O traballo presentado co lema Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores - Vita la Vita valeulle á viguesa Silvia Penas se facer co Premio de Poesía Avelina Valladares. O xurado da XIX edición do certame daba a coñecer onte a súa resolución, a destacar da obra "a súa coidada estructura literaria, na que a secuencia do andar dos días vai trazando un esquelete harmonioso e que lle dá á obra consistencia, cualidade e boa lectura". Neves Soutelo, David Otero, Óscar Javier Castro e mais Dolores Araújo, como secretaria, foron os encargados de seleccionar o poemario que se impuxo entre os 32 presentados, todos eles de calidade, segundo sinalaron. O galardón, que convoca anualmente o Concello da Estrada, está dotado con 2.000 euros.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Silvia Penas, Silvia Penas, Poesía, David Otero...