Xurxo Alonso gaña o XXII Premio de Poesía Avelina Valladares

No interior do vento outorgoulle a súa segunda vitoria no certame

3/10/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Por segunda vez, Xurxo Alonso declarouse vencedor do Premio de Poesía Avelina Valladares, na vixésimo segunda edición do certame que convoca o Concello da Estrada. O autor impúxose coa súa obra No interior do vento nesta cita, que xa gañara no ano 2000 con Dime, Alexandría. Guadalupe Porto, Neves Soutelo, Rosalía Morlán e David Otero, con Dolores Araújo como secretaria, foron os membros do xurado, quen destacou que "se trata dun poemario cun interesante uso da linguaxe onde a explosión expresiva persegue a coherencia. Harmonía a diferentes ritmos onde a singularidade motiva a construción comprensiva dende a diversidade temática dos poemas e na que os versos demandan a complicidade lectora. En resumo, un vento con contido para que a lectora e o lector sexan quen de lle dar a forma precisa". O galardón, ao que se presentou unha ducia de traballos, está dotado con 2.000 euros de premio.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xurxo Alonso, Poesía, Vitoria, David Otero...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares