Xosé Luna faise por segunda vez co premio Avelina Valladares de poesía

O xurado recoñeceu o seu traballo O tempo entre as mans

18/9/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A vixésimo cuarta edición do premio Avelina Valladares de Poesía, que convocan o Concello da Estrada e mais a Asociación de Consumidores e Amas de Casa Avelina Valladares foi para Xosé Luna. O autor, que xa recibira o galardón na edición de 2003 do certame, viu recoñecida polo xurado a súa obra O tempo entre as mans. O fallo destaca "a coherencia e o emprego dun léxico rico, variado e moi ben escollido" deste traballo ademais de sinalar que o autor "recupera palabras pouco habituais, seleccionadas polas súa sonoridade e connotacións. Fai referencia a diferentes lugares da contorna estradense e dos territorios máis cercanos", a apuntar que "moitos do seus poemas teñen unha forte carga emotiva e sentimental, adicados a figuras cercanas como a nai, ou pequenos momentos que marcan fitos importantes na vida da voz poética". Luna recibirá un premio en metálico de 2.000 euros.

O xurado desta xeira estivo formado por Gumersindo Villamayor Martínez, Rosalia Morlán Vieites, Ernesto David Otero Fernández e Dolores Araujo Arias como secretaria.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Poemas, Concello da Estrada, David Otero

Claves

Protagonistas
Conceptos