Ramón Sandoval leva o premio Avelina Valladares de Poesía

A obra Nas esquinas do frío reportaralle 2.000 euros ao autor

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Concello da Estrada deu a coñecer esta semana o fallo do XXIII Premio de Poesía Avelina Valladares. O galardón, dotado con 2.000 euros e a publicación da obra escolleita, foi para Ramón Sandoval polo poemario Nas esquinas do frío. O xurado destacou que a obra "aborda conceptos sociais contemporáneos desde unha cualitativa profundidade acompañada de frescura e baseamento poético. Os días non se fixeron para perdelos". Do mesmo xeito, o comité apuntou o ton pesimista dos poemas e a frescura dos versos como cualidades destacadas da obra. En total presentáronse ao certame unha vintena de obras.

Ana Cabaleiro, Rosalía Morlán, David Otero, Esteban Folgar e Dolores Araújo como secretaria foron os responsables da selección.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Concello da Estrada, David Otero, Ana Cabaleiro

Claves

Protagonistas
Conceptos