María del Carmen Caramés imponse no XXI Premio de Poesía Avelina Valladares

A autora recibirá 2.000 euros nun acto que se celebrará o vindeiro mes de decembro

20/9/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Concello da Estrada daba a coñecer onte o fallo do xurado da vixésimo primeira edición do Premio de Poesía Avelina Valladares. A psicóloga e profesora de Santa Comba María del Carmen Caramés impúxose entre os corenta e un participantes desta xeira co trallo que presentou baixo o lema As idades perdidas (Scripta manent). O xurado, composto por Guadalupe Porto Gañete, Clara Isabel Iglesias Cortizo, Rosalía Morlán Vieites, David Otero Fernández e Dolores Araújo Arias, que actuou como secretaria, destacou "que se trata dun poemario de conxunto unitario de momentos e reflexións de feitos no decorrer dos tempos mentres derredor contextualízase o esencial. Nese percorrido e tempos danse as conquistas no que pensamos e así avanzamos, imos, pulsamos e no medio, do que facemos, o asombro". A gañadora recibirá 2.000 euros que se entregarán durante a Festa da Poesía, no mes de decembro.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Rosalía Morlán Vieites, David Otero, Concello da Estrada

Claves

Conceptos