Elvira Riveiro gaña o Avelina Valladares

A autora impúxose entre os 27 traballos presentados

10/9/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O poemario presentado baixo o lema Corpos transitivos valeulle a Elvira Riveiro facerse co premio Avelina Valladares na súa XVII edición. O certame poético que organiza o Concello da Estrada contou este ano coa participación de 27 obras orixinais que aspiraban ao premio de 1000 euros. O xurado destacou no traballo a "indagación do sobre a perda do territorio" e "a orixinalidade na creación de xogos verbais" entre outras cuestións. A entrega do galardón farase a comezos do vindeiro mes de decembro na Festa da Poesía.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Concello da Estrada

Claves

Conceptos