Rafael Lobelle gaña o premio Díaz Jácome de poesía

Da retranca dos teus ollos valeulle 1.500 euros do premio

26/12/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A escolma poética Da retranca dos teus ollos valeulle a Rafael Lobelle facerse co primeiro posto do XIV Premio de Poesía Díaz Jácome. O Concello de Mondoñedo acollía a pasada fin de semana o acto de entrega do galardón, dotado con 1.500 euros. Canda a el, resultaron gañadores nesta edición Juan Manuel Castiñeira Ramal, que levou o segundo premio con Petan na alma silencios e mais Andrea Maceiras, que obtivo o terceiro posto co micropoemario Auga lonxincua.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Retranca, Andrea Maceiras, Concello de Mondoñedo...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares