Anxo Mena levou o premio de Poesía Díaz Jácome

A primeira edición do Premio Ardeiro foi para Rafael Lema

26/12/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O pasado sábado 22 Anxo Mena recollía en Mondoñedo o primeiro premio do XIII Certame de Poesía Díaz Jácome. O seu traballo Comezando a loita valeulle os 1.500 euros do galardón, mentres os 600 do segundo premio foron para Paisaxe con afogado, de Jesús Castro Yáñez. Ao tempo, Rafael Lema facíase tamén esta fin de semana co I Premio Ardeiro de Poesía, que convoca o Concello de Negreira. Lema impúxose entre as tres obras finalistas a este galardón.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Jesús Castro Yáñez, Jesús Castro, Paisaxe...