Xulia Vicente lanza unha nova banda deseñada

Luis Yang e Pablo Carreiro presentan tamén obras de BD neste comezo de ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Xulia Vicente lanza unha nova banda deseñada

Co comezo do ano están xa a chegar ás librarías novos traballos de artistas do país no campo da banda deseñada. A plafatorma de edición Shortbox presenta en edicións en inglés e en español La jinete me aguarda, de Xulia Vicente e mais Mudanza de Luis Yang.

A primeira das obras narra en corenta páxinas a cor a historia dunha muller que desde a infancia ve unha xinete invisible que ninguén máis pode ver. Aínda que afeita á súa presenza, a certa altura debe enfrontarse con ela. Pola súa banda, Yang narra a historia de dúas mulleres que queren se trasladar pero se amosan incapaces de trocar de casa. O proxecto achega 44 páxinas en branco e negro.

Pola súa banda, Pablo Carreiro está a presentar Ukiyo!, obra que recolle unha selección de tiras nas que fala con moito humor sobre a súa fascinacións coa cultura xaponesa e o mundo do manga. O volume de 122 páxinas ve a luz da man da editorial Libros Indie.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Humor, Mulleres

Claves