Xulia Vicente presenta Ira, jinete de Dragones

Laura Suárez debuta na banda deseñada con Los cuentos de la niebla

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Ira, jinete de dragones

Capa de Ira, jinete de dragones

Dúas novidades de autoras galegas están a chegar ás librarías de todo o estado. Xulia Vicente debuxa, sobre guión de Manuel Gutiérrez, Ira, jinete de Dragones. Este volume de 72 páxinas a cor continúa a serie Sello de Dragón que comezara con Ari, cazador de dragones e que está publicada por Sallybooks. A autora presenta novas aventuras neste mundo fantástico no que os dragóns ou se montan ou se combaten.

Pola súa banda, Dibbuks publica Los cuentos de la niebla, obra coa que debuta na banda deseñada a debuxante Laura Suárez, nada na Costa da Morte. As narracións orais tradicionais do noso país sérvenlle de base á autora para desesnvolver esta obra, de 120 páxinas debuxadas en branco e negro.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laura Suárez, Banda deseñada, Manuel Gutiérrez, Guión...