Xulia Vicente volta con Ari, cazador de dragones

Los Bravú publican Mujer con Fulgencio Pimentel

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Xulia Vicente volta con Ari, cazador de dragones

Apenas dous meses despois de presentar Duerme pueblo, Xulia Vicente continúa a súa ascendente carreira na banda deseñada estatal cun novo álbum monográfico. Ari, cazador de dragones é unha historia de corte fantástico de 50 páxinas a toda cor que a autora debuxa sobre un guión de Manuel Gutiérrez e que ve a luz da man de Sally Books. Canda a este lanzamento, na banda deseñada do país destaca tamén a nova proposta do dúo Los Bravú. Mujer ve a luz da man de Fulgencio Pimentel e achega 96 páxinas de experimentación nas que mesturan diferentes xeitos de creación. Banda deseñada, pintura, fotografía ou mesmo escultura danse cita nestan ova proposta.

Pola súa banda, a editora viguesa Fosfatina continúa a cumprir o ritmo de publicación da súa colección Fosfatina 2000 e sumou nos últimos tempos dous novos títulos á serie. Los dos amigos de Andrés Magán, e mais Gran Danés de Julia Huete son os últimos lanzamentos desta proposta experimental e limitada. A editora anuncia ademais a inminente saída na mesma colección de Tangram de Berliac Yungqin en simultáneo con Cerca la noche de Cynthia Alfonso.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Bravú, Manuel Gutiérrez, Fotografía...