Un dúo galego debuta na banda deseñada coa editora Fulgencio Pimentel

Los Bravú acaban de publicar Introducción, nudo y desenlace

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Un dúo galego debuta na banda deseñada coa editora Fulgencio Pimentel

Unha tiraxe limitada de cen exemplares asinados e numerados, a piques de se esgotar, é o debut na banda deseñada cunha monografía do dúo de autores Los Bravú, residentes en Pontevedra. Introducción, nudo y desenlace é a obra que acaba de publicar a editora Fulgencio Pimentel e que recolle historias dunha páxina a toda cor co estilo e a temática underground que caracteriza os traballos destes creadores. Dea Gómez, de Salamanca, e o pontevedrés Diego Onil son os membros do dúo que xa publicara historias curtas no web Tiktok Cómics ou na revista Ultrarradio

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Bravú, Salamanca, Pontevedra

Claves