Estaleiro Editora debuta na BD con Cómics desde Hicksville

O volume compila cinco historias curtas do neozelandés Dylan Horrocks

5/8/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
22 lecturas | Compartido 0 veces

Cinco historias curtas do autor neozelandés Dylan Horrocks, inéditas até o de agora en calquera lingua diferente do inglés compoñen Cómics desde Hicksville. Estaleiro Editora debuta na banda deseñada coa tradución para o galego en normativa AGAL, deste volume que recolle traballos realizados polo autor ao longo dos últimos 20 anos e nos que se pode aprezar a súa evolución creativa. Con tradución a cargo de María Rosendo e limiar de Xaime Lis Carreira, a obra preséntase mañá, mercores seis, ás 19 horas no marco do Salón Viñetas desde o Atlántico e está á venda por 12 euros. Horrocks foi galardoado co premio Eisner en 2002 e é o máis recoñecido dos autores neozelandeses.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados