Demo Editorial presenta nova colección coa escolma Licor Café

A obra ofrece 13 historias de novos autores da banda deseñada galega

A obra ofrece 13 historias de novos autores da banda deseñada galega
Portada da publicación
A poucos días do comezo do Salón Viñetas desde o Atlántico, Demo Editorial segue a presentar novidades en banda deseñada. Despois do álbum Tattoo, de Santiago Paredes presentado hai uns días, a editorial saca agora unha escolma de trece autores/as da banda deseñada galega que, introducidos por unha ilustración de cuberta de Jorge Peral, xúntanse no álbum Licor café, unha obra de 112 páxina en branco e negro. O propio licor café, bebida fortemente vinculada a Galicia, é o leiv motiv para o desenrolo de trece historias curtas de estilo moi diverso, que como pequenos grolos, ofrecen unha rápida degustación do que están a facer na actualidade este refresco xeracional de creadores. Este é ademais o primeiro título da nova colección BDG13 de Demo editorial, en que publicará novas escolmas doutros autores desta xeración presente. Nesta primeira entrega os trece nomes que a compoñen son: Kike J. Díaz, Santiago Paredes, Xulia Vicente, Xulia Pisón, Luis Yang, Uxía Larrosa, Cristian Fojón, Debelius, Paula Esteban, Inés Vázquez, Mateo Alvarellos, Gaudino e Dani Xove.