Galaxia publica a BD Luzbell o demo bombilla

Diego Rosales e Xosé Tomás recuperan o personaxe que vira a luz nas páxinas de Golfiño

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Galaxia publica a BD Luzbell o demo bombilla

A continuar a súa aposta pola banda deseñada, a Editorial Galaxia leva ás librarías un novo álbum de autoría galega. O guionista Diego Rosales e o debuxante Xosé Tomás asinan Luzbell o demo bombilla, un volume de 68 páxinas a toda cor no que os creadores recuperan o personaxe que vira a luz na revista Golfiño. O álbum componse de historias humorísticas dunha páxina no que o papel de demo do protagonista, o seu carácter eléctrico e toda unha familia de personaxes secundarios dan pé a diferentes chistes.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Demo, Xosé Tomás, Diego Rosales, Xosé Tomás...