Unha escolma das tiras de Thom, o personaxe que Andrés Meixide leva a diario ás páxinas de La Voz de Galicia. Esta é a aposta que fai a editorial Reino de Cordelia para este mes de marzo. Un volume de 304 páxinas a cor e a branco e negro leva ao castelán 600 tiras coas aventuras do granxeiro Thom, do seu cocho e dos personaxes que fan parte desta peculiar granxa. O personaxe, nado nas páxinas de Golfiño, xa vira un primeiro álbum editado por FaktorÃa K.
De xeito paralelo a este lanzamento, a editorial De Ponent acaba de presentar O porto, un álbum de 54 páxinas do vasco MATA (Manuel Mata Argüelles). O volume ten a peculiaridade de estar ambientado nun porto do norte de Galicia nos anos corenta. O contrabando, a vida dos mariñeiros, os costumes tradicionais ou a chegada do progreso están presentes nunha obra que retrata, na forma dun relato de aventuras, toda unha época da nosa sociedade.
Adianto de Thom.De xeito paralelo a este lanzamento, a editorial De Ponent acaba de presentar O porto, un álbum de 54 páxinas do vasco MATA (Manuel Mata Argüelles). O volume ten a peculiaridade de estar ambientado nun porto do norte de Galicia nos anos corenta. O contrabando, a vida dos mariñeiros, os costumes tradicionais ou a chegada do progreso están presentes nunha obra que retrata, na forma dun relato de aventuras, toda unha época da nosa sociedade.