El Patito publica Golfiño e os invasores

A obra recupera a historia longa deste personaxe publicada na revista homónima

24/3/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
34 lecturas | Compartido 0 veces

Capa de Golfiño e os invasores

O personaxe de Golfiño, que lle daba nome á histórica revista de banda deseñada, volta aos andeis. Fausto Isorna, o seu creador, guioniza e debuxa Golfiño e os invasores, unha historia de 80 páxinas a toda a cor que chegará ás tendas a vindeira semana da man de El Patito Editorial. A historia do encontro do personaxe cuns extraterrestres recupera o material publicado previamente na revista, que o autor retintou e redebuxou en parte. A obra sairá en versións en galego e en castelán, con capa en cartoné, por 15 euros, e presentarase o vindeiro 29 de abril ás 19:30 na FNAC da Coruña e o 12 de maio ás 20 horas na libraría Couceiro de Santiago.
A coincidir co lanzamento, a editora pon en marcha unha campaña para reivindicar a banda deseñada de cara ao Día Internacional do Libro. Con este fin, realizaron 1.500 exemplares dun póster que se distribuirá en todas as librarías do país.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas