Xulia Vicente presenta Duerme Pueblo canda a Núria Tamarit

Jano publica en Fosfatina Permanezcan En Sus Asientos

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Xulia Vicente presenta Duerme Pueblo canda a Núria Tamarit

Logo da súa colaboración con Miguel A. Giner Bou na novela-BD El misterio de la mansión quemada, o dúo creativo formado pola galega Xulia Vicente e a valenciana Núria Tamarit recuncan cun novo traballo. La Cúpula lanza este mes Duerme Pueblo, un proxecto a catro mans no que as dúas autoras corren co guión e co debuxo. As autoras presentan unha historia de crimes, meigas e supersticións ambientada no rural que colle forma en 116 páxinas editadas en bitono.

Pola súa banda, a editora viguesa Fosfatina ten xa na rúa o novo traballo de Jano. O creador asina en Permanezcan En Sus Asientos, 48 páxinas de historias curtas nas que se mesturan
"mutantes, científicos tolos, vampiros e o oficio de contar historias", segundo adianta a editora.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión, Debuxo, La Cúpula

Claves

Entidades
Conceptos