Cristian Fojón gaña o Premio Benito Losada de Banda Deseñada

A I Edición do certame acadou 15 participantes

17/10/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
41 lecturas | Compartido 0 veces

Cadriño da obra O home que liberou a fraga

Os organizadores das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense entregaban onte na libraría Sindicato del Cómic o Premio Benito Losada de Banda Deseñada. Cristián Fojón Osuna impúxose no certame, convocado por vez primeira este ano, coa súa obra O home que liberou a fraga. Canda a el, o xurado recoñeceu cun segundo posto o traballo de Giovanna Lopalco e co terceiro a obra de Xulia Vicente Jiménez. Tamén houbo unha mención para o galego de orixe chinesa Shi Qi Luís Yang.
O gañador levou mil euros de premio, mentres o segundo e terceiro clasificados fixéronse con 300 e 200 respectivamente. A diferenza doutros galardóns, o Benito Losada aceptaba a presentación de traballos publicados previamente. En total presentáronse quince obras.

David Rubín, Óscar Iglesias, Simón Blanco, Lourdes García e Xabier Paz foron os membros do xurado.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Lugares