Tres compañías galegas participarán no FETEN de Xixón

Marta Alonso, Tanxarina e Os Náufragos fan parte do programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Tres compañías galegas participarán no FETEN de Xixón

A Feira Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas, FETEN, celebra entre os vindeiros 12 e 18 de febreiro a súa vindeira edición. O que está considerado principal punto de encontro das artes escénicas para o público familiar en España contará nesta xeira coa presenza de tres proxectos galegos.

Tanxarina Títeres achegará ao evento o espectáculo A cazola de Lola, con dirección de Cándido Pazó. A obra aborda a cuestión da diversidade funcional coa historia dunha rapariga que vai cunha cazola a todas partes e non semella ser como outras. A compañía achegará dúas funcións ao evento, os días 15 e 16.

Pola súa banda, Os Náufragos Teatros presentarán na feira Hugo, obra na que traballan o transtorno do espectro autista, cunha única función o día 18. Marta Alonso pola súa banda, desenvolverá o espectáculo de danza Bailar Agora. Para público a partir de dez anos, o proxecto "é unha sorte de imperativo cara a un posicionamento no presente social e persoal a través da danza". A coreografía mestúrase co humor e a proximidade co público a xerar "unha atmósfera particular do cotián, o natural o común e o esperanzador que se comparte na escena". A obra poderá verse nun pase o día 17.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Marta Alonso, Xixón, Tanxarina...