Arturo Cobas e Xampatito Pato representarán a Galicia na FETEN

A feira de artes escénicas para crianzas e familias celébrase en Xixón a partir do 16 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Arturo Cobas e Xampatito Pato representarán a Galicia na FETEN

Galicia contará con dúas compañías na Feria Internacional de Artes Escénicas para nenos, nenas e familias (FETEN) que se celebra en Xixón entre o 16 e o 21 de febreiro. Xampatito Pato e Arturo Cobas son as propostas que fan parte do programa do evento, principal cita a nivel estatal no seu ámbito.

No caso de Xampatito Pato, o compostelán presenta Compaña, un espectáculo no que fusiona circo e monicreques a crear imaxes e escenas que levan o espectador a un mundo onírico e que chaman a se deixar levar pola emoción do momento.

Pola súa banda, Arturo Cobas, na compañía de Natalia Outeiro Pajarito, dá a coñecer neste evento Bagaxe. A primeira colaboración destes artistas de clown artella unha viaxe e partir dunha colección de maletas a combinar emoción e comedia.

O programa da FETEN acollerá un total de 86 espectáculos e instalacións, seleccionados entre 850 propostas, a cargo de 80 compañías de 16 comunidades autónomas e de Portugal, Italia, Francia, Lituania e Suiza.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Xixón, Feira, Espectáculo...