Pistacatro e Sincronacidas participarán no Fetén de Xixón

A feira Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas desenvolverase entre o 17 e o 22 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Dúas compañías compoñen a presenza galega na vixésimo oitava Feria Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas que se celebra entre 17 e o 22 de febreiro en Xixón. O encontro, considerado o máis importante do seu tipo a nivel europeo reúne un total de 86 compañías. Entre elas, contará con Sincronacidas, que presentará a súa montaxe Oh!limpiadas, na que mesturan clown, danza e malabares para presentar, con moito humor, a vida cotiá como unha competición deportiva. Pola súa banda Pistacatro presentará neste evento Outono, a súa reflexión sobre os vellos pallasos clásicos a mesturar teatro e circo.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pistacatro, Xixón, Artes Escénicas, Feira...