Caramuxo Teatro e Tanxarina representarán a Galicia na FETEN

A feira de espectáculos para público familiar celébrase en febreiro en Xixón

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Caramuxo Teatro e Tanxarina representarán a Galicia na FETEN

Dúas compañías galegas, unha máis que no pasado ano, achegarán a produción escénica galega para público familiar á Feria Europea de Artes Escénicas FETEN. Redondo, de Caramuxo Teatro e mais A galiña azul de Títeres Tanxarina foron as producións do noso país escolleitas para o encontro, que entre o 18 e o 27 de febreiro vindeiros desenvolverá en Xixón a súa 27 edición. Canda ás galegas prevese a presenza no encontro de dúascentas representacións a cargo de 82 compañías de Arxentina, Bélxica, Francia, Hungría, Inglaterra, Italia, Noruega, Portugal, Uruguai e de 15 comunidades autónomas do Estado.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Tanxarina, Caramuxo Teatro, Xixón...