Tanxarina consegue o premio ao mellor espectáculo de títeres na FETEN

A feira internacional de Xixón recoñeceu A galiña azul

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Tanxarina consegue o premio ao mellor espectáculo de títeres na FETEN

Só había dúas compañías galegas, e unha delas volta para a casa cun galardón. A Fetén (Feria de Teatro Para Niños y Niñas de Xixón), unha das citas de referencia neste sector a nivel europeo, recoñeceu o traballo de Títeres Tanxarina. A súa montexe A galiña azul, unha adaptación do conto de Carlos Casares con texto e dirección de Cándido Pazó, facíase esta fin de semana co Premio ao Mellor Espectáculo de Títeres deste evento. A obra combina bonecos e traballo actoral e conta con Miguel Borines Fernández, Andrés Giráldez Rio e Eduardo Tatán sobre escena. A montaxe está presente como finalista na última edición dos Premios María Casares.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Tanxarina, Xixón, Feira...