Un conto de Carlos Casares inspira o novo logo das Galescolas

Unha galiña azul identificará a Rede Galega de Escolas Infantís

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Un conto de Carlos Casares inspira o novo logo das Galescolas

A galiña azul coma símbolo de diversidade, pluralidade, integración e solidariedade. Esta é a explicación de daba onte a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez na presentación do logotipo que identificará a Rede Galega de Escolas de Infantís. A rede integrará todos os centros dependentes da Xunta destinados a este ciclo, entre os que se atopan as Galescolas xestionadas polo Consorcio do Benestar, cun total de 110 centros. O logotipo baséase no conto A galiña azul de Carlos Casares, que conta a historia de como o alcalde quere matar este animal por non ser coma os demais.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escolas, Carlos Casares, Xesús Vázquez, Educación

Claves

Conceptos