Cándido Pazó adapta e dirixe a última proposta de Tanxarina TÃteres, que se estrea hoxe mesmo na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. A galiña azul adapta o conto de Carlos Casares, autor homenaxeado no último DÃa das Letras para actores e bonecos. Miguel Borines, Andrés Giráldez e Eduardo Tatán levan ás táboas unha montaxe que conta con escenografÃa e monicreques de Pablo Giráldez Pastor e música de Paco Barreiro. Unha fábula sobre a diversidade e a solidariedade orientada ao público infantil e familiar que se poderá ver esta noite a partir das 21 horas no auditorio municipal. A obra estará tamén presente o vindeiro 22 de xullo na Casa da Cultura de Ribadavia no marco da Mostra Internacional de Teatro desta localidade.