Galitoon e Culturactiva participan na nova edición de FETEN

Xixón acolle a feira internacional de teatro para infancia entre o 9 e o 14 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Galitoon e Culturactiva participan na nova edición de FETEN

A Feria Europea de Artes Escénicas para niños y niñas de Gijón / Xixón(FETEN) celebra entre os días 9 e 14 de maio a súa trixésima edición, nun formato mixto presencial e virtual. A xeira conta a presenza de dúas compañías galegas, que achegarán ao evento cadansúa produción. Por unha banda, Culturactiva leva ao evento Rosalía, obra teatral dirixida por Fina Calleja na que Rocío González e Cristina Collazo levan a escena a infancia da poeta galega. A obra poderá verse o día 12 en dous pases na Laboral.

Pola súa banda, Galitoon estará presente no evento con The Show Moscón. Este espectáculo de títeres de Chisco Casteleiro achega unha colección de números de circo e variedades artellado exclusivamente con bonecos. A montaxe poderá verse no paseo de Begoña os días 10 e 11, con dous pases en casa xornada.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturactiva, Xixón, Teatro, Feira...

Claves

Entidades
Lugares