Imaxe do espectáculo Mezzo, de Pistacatro Produtora
Catro compañÃas galegas foron seleccionadas para presentar os seus últimos traballos escénicos na vixésima novena edición da “Feria Europea de Artes Escénicas para niños y niñas de Gijón / Xixón” (FETEN) entre o 9 e o 14 de febreiro. Xa se coñecÃa que a compañÃa Monicreques de Kukas levarÃa ao encontro a súa exposición de materiais coa que celebra os seus 40 anos de actividade, agora ademais deas mostra e da actuación da propia compañÃa veñen de engadirse no progrma outras tres presencias da escena galega. Ao espectáculo
Arlequina co que a compañÃa de Kukas celebra tamén o seu aniversario únese o
TÃtiricuentos de Eme2 Produccións e ás montaxes circenses de Pistacatro Produtora de Soños e Xampatito Pato que presentarán no marco de FETEN 2020 as súas montaxes
Mezzo. El fantástico circo de insectos gigantes del Doctor Mezzo e
SÓ , respectivamente. A exposición dos Monicreques de kukas estará aberta entre os dÃas 8 ao 23 de febreiro no Centro de Cultura Antiguo Instituto de Xixón.