Monicreques de Kukas protagonizará a exposición central da Fetén

A Feria Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas celebrarase en Xixón do 8 ao 14 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: EscpectáculosExposicións
Compartir:
Monicreques de Kukas protagonizará a exposición central da Fetén

Logo de celebrar os seus corenta anos e de recibir o Premio da Cultura Galega, continúan os recoñecementos para a compañía compostelá Monicreques de Kukas. A vindeira edición da Feira Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas, que se celebra en Xixón do 8 ao 14 de febreiro, dedicaralle a súa exposición central á veterana agrupación galega. A mostra, coordinada polos propios responsables da compañía, Marcelino de Santiago e Isabel Rey, amosará pezas das diferentes montaxes que conforman a súa traxectoria ademais de diferentes prototipos creados polos dous promotores do proxecto. A organización prevé tamén desenvolver visitas guiadas á exposición.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kukas, Artes Escénicas, Xixón, Premio da Cultura Galega...

Claves

Protagonistas
Lugares