
O libro-disco parte dun espectáculo previo de Mama Cabra acompañada de BellónMaceiras, un concerto didáctico dramatizado. A través da historia de Roque, un neno que vive en Moeche vaise descubrindo a música tradicional, os seus instrumentos máis caracterÃsticos asà como a vestimenta e a importancia de que un pobo cante. O mundo de Roque pretende achegar a música tradicional galega ao público infantil e facer que os adultos a redescubran. Unha música cunha coidada selección entre os xéneros máis coñecidos e queridos da nosa tradición: muiñeiras, alboradas, pasodobres, pasacorredoiras ou regueifas. O disco-libro está autoeditado e xa dispoñible á venda na páxina web do dúo e na Escola de Música BellónMaceiras en Fene.