O dúo BellónMaceiras presenta Ten 10

A formación conmemora así dez anos de traballo na música

22/12/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Dez temas para conmemorar os seus dez anos de traballo na música. Esta é a proposta que fan Daniel Bellón e Diego Maceiras en Ten 10, o seu terceiro traballo discográfico. O dúo BellónMaceiras aposta por afondar na fusión da nosa tradición con músicas do mundo, e mesturan temas galegos con cancións doutras latitudes e algún tema propio. No proxecto, contan con colaboracións como as de
Juan Cabe, María Moiséeva, María López , Miguel Lamas, Juan Tinaquero, Rafael Carracedo ou Oliver Wilson-Dickson. O álbum, autoeditado, pódese adquirir a través do web do dúo e presentouse o pasado 5 de decembro cun concerto en Fene, concello natal dos músicos.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fene

Claves

Lugares