O Real Coro Toxos e Froles publica o disco do seu centenario

100 anos repasa catorce temas da súa longa historia

30/5/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Un repaso polos temas que marcaron a súa historia é a primeira proposta que fai o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol para conmemorar o centenario que cumpre en 2015. 100 anos achega 14 temas entre so que se atopan clásicos de Pascual Veiga ou Juan Montes ou as foliadas de Comba, de Corrubedo e de Cortegada, as pandeiradas de Lamas e do Grobe, ou cancións como Lonxe da terriña, Ferrolada e San Benitiño, entre outras. O Teatro Jofre de Ferrol acolle mañá o concerto co que se inician as celebracións do centenario e que servirá de presentación do novo traballo. A partir das 22:30, a formación actuará acompañadao da Coral de Ruada de Ourense e do grupo de baile Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela. O álbum, editado por PAI Música gravouse no estudio Casa de Tolos.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pascual Veiga, Clásicos, Teatro, Teatro Jofre...