Magín Blanco leva A nena e o grilo máis aló no seu novo libro-CD

O libro-CD conta cunha versión teatral da man de Teatro dos Ghazafelhos

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Magín Blanco leva A nena e o grilo máis aló no seu novo libro-CD

Logo de matar sen querer a Xertrude a Araña, os protagonistas aventúranse no Alén para rescatar a súa amiga. Este é o argumento de A nena e o grilo máis aló, último libro-CD de Magín Blanco que publica a editorial Galaxia. Blanco recupera os seus personaxes para unha nova aventura da que é unha das sagas máis exitosas da música galega para público infantil. Para alén das cancións, a obra inclúe tamén o texto da adaptación teatral que realizou Pepablo Patinho para Teatro dos Ghazafelhos sobre esta historia, que se atopa en plena xira. O espectáculo, que conta con música ao vivo. O volume complétase coas ilustracións de Luz Beloso.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Magín Blanco, Teatro, Espectáculo, Editorial Galaxia

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos