Do conto á canción, e volta

O proxecto supón a estrea literaria de Magín Blanco

11/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

OQO editora acaba de presentar A nena e o grilo un proxecto que integra música e literatura da man de Magín Blanco. O libro-disco, dirixido aos máis novos, inclúe unha serie de contos deste autor e cancións que van do folk ao reggae pasando pola rumba ou o pop. Acompañan a Magín no apartado musical figuras coñecidas coma Guadi Galego, Ugia Pedreira, Uxía ou Fred Martins. As ilustracións do volume corren a cargo de Iván Prieto. O lanzamento terá continuidade nos vindeiros meses da man dun espectáculo ao vivo que percorrerá o país.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Magín Blanco, Ugia Pedreira, Guadi Galego, Pop...