Voltan a nena e o grilo

Magín Blanco publica un segundo libro-disco con estes protagonistas

27/2/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Logo do seu aplaudido libro-disco A nena e o grilo, Magín Blanco recunca en formato e personaxes. Fol Música acaba de presentar A nena e o grilo nun barquiño, un conxunto de trece contos que se publican acompañados por outras tantas cancións e actividades didácticas. O proxecto, de sesenta páxinas, conta con ilustracións de Leandro Lamas e presentarase de xeito oficial o vindeiro 8 de marzo no marco do Salón do Libro Infantil de Pontevedra. Un concerto no mesmo recinto inaugurará a xira de presentacións o día 9 no mesmo espazo. O disco gravouse no estudio de Jorge Juncal en Moaña, na Cova dos Peixes con Guilllerme Fernández e en Casa de Tolos con Segundo Grandío.

O proxecto conta con colaborcións como as de Uxía, Fran Perez, Guillerme Fernandez, Isaac Palacin ou Segundo Grandío, entre outros, e sairá á venda, a partir do 5 de marzo, a un prezo duns 20 euros.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Magín Blanco, Contos, Pontevedra, Moaña...